Actividades

A Asociación Cultural Tanxedoira imparte diversas actividades, as cales son desenvolvidas por monitores que soen ser membros da citada Asociación.

As actividades que se ofrecen aos nosos socios son as seguintes:

  • Acordeón: Clases para iniciarse e mellorar neste apaixonante instrumento
  • Informática (Iniciación): ¿Qué é iso dun ordenador, internet, correo electrónico? Nós explicámoscho para que non te sintas perdido.
  • Talla de cristais: Dar forma e decorar o vidro con deseños creativos e precisos
  • Técnicas de Improvisación: Deshinibición mediante o humor, a colaboración e o positivismo
  • Teatro: Grupo representativo da Asociación, con persoas con ánimo de pasalo ben e deixar as vergoñas na casa facendo diferentes obras de teatro pola nosa xeografía
  • Pandeireta: Aprender a tocar este típico instrumento do noso folckore.
  • Patronaxe: Aprender a arranxar por ti mesmo a roupa e mesmo crear o teu propio vestiario
  • Guitarra: Clases para aprender a tocar este marabilloso instrumento, a guitarra española.
  • Bandurra: Clases para aprender a manexar este instrumento.
  • Coro: Grupo representativo da Asociación, composto por voces que interpretan unha grande variedade de estilos musicais.
  • Rondalla: Grupo representativo da Asociación, interpreta unha grande variedade de estilos musicais por medio de frautas, guitarras, bandurras, laúdes e percusión.

O horario e os monitores de cada unha é o seguinte:

Nome Actividade Día Hora Monitor
Acordeón Luns 17:30-19:00 Benito González
Informática (Iniciación) Luns 19:00-20:00 Leticia Riestra
Talla de cristais Martes 18:00-19:30 Jesús García
Técnicas de Improvisación Martes 19:30-20:00 Jesús García
Teatro Martes 20:00-21:30 Jesús García
Pandeireta Mércores
19:00-20:00 Loreto Rodríguez
Patronaxe Xoves 19:30 - 21:30 Pilar Fernández
Guitarra Venres 17:00 - 18:00, 18:00 - 19:00 Leticia Riestra
Luis Pérez Bernal
Bandurra Venres 18:00 - 19:00 Chus García
Coro Venres 19:00-20:30 Raúl Muñoz
Rondalla Venres 20:30-22:00 Raúl Muñoz

Algunhas das actividades teñen límite de prazas