Cese temporal Curso 2020/2021

Desde a Xunta Directiva da Asociación Cultural Tanxedoira queremos transmitirvos a difícil decisión que tivemos que tomar dadas as circunstancias especiais que nos está tocando vivir.

Así, debido á pandemia e, consecuentemente, ás medidas de seguridade que é preciso adoptar (limpeza e desinfección total despois de cada unha das actividades), desde a Xunta Directiva consideramos máis prudente pospor o inicio do curso 2020/2021 (que comezaría no vindeiro mes de setembro, como vén sendo habitual), xa que, ademais, o noso local non conta coas condicións de seguridade apropiadas para desenvolver o curso com garantías de saúde para todos e todas.

Ademais, tamén decidimos, por tanto, non pasar o cobro da cuota deste vindeiro curso, xa que entendemos que esta situación extraordinaria pode afectar á economía das familias.

Porén, tamén acordamos que, unha vez que as condicións sanitarias e de seguridade sexan as ótimas, iniciaremos o curso con normalidade.

Sentimos as molestias que todo isto vos poidan causar, mais consideramos que é o mellor para a seguridade e a saúde de todos e todas. Agardamos que saibades comprender e valorar esta decisión.

Un saúdo.